"Pascasio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • GALICIA

    Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Paschasius, nome cristián-romano evocador da festa relixiosa da Pascua. A súa festividade celébrase o 26 de abril ou o domingo da Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo francés. Abade do mosteiro beneditino de Corbie, renunciou ao cargo e retirouse a Saint-Riquier. Escribiu, entre outras obras esexéticas, De corpore et sanguine Domini e unha obriña mariolóxica Ad Paulam et Eustochium, sobre a asunción de María. É venerado como santo no calendario beneditino. A súa festividade celébrase o 26 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO