"Patras" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Acaia, na rexión de Grecia Occidental, Grecia, situada na ribeira do golfo homónimo (153.344 h [1991]). Comunica, ao O, co Mar Xónico, e ao L, a través dun brazo de mar longo e estreito, co golfo de Corinto. Ademais de posuír un destacado porto, produce viño, aceite de oliva e peles curtidas. Formou parte da Liga Aquea e foi un dos primeiros centros cristiáns en Grecia. Colonia romana, foi conquistada polos turcos (1440-1828). Conserva escasos restos da acrópole antiga e dun odeón romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo setentrional de Grecia, situado entre os cabos Papas e Drépanon.

    VER O DETALLE DO TERMO