"Peace" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Organización non gobernamental internacional dedicada á protección do medio e á difusión dos valores ecoloxistas e pacifistas. O órgano supremo da organización, presente en 40 países de Europa, América, Asia e Oceanía, é o Consello Internacional, con sede en Amsterdam. As súas principais liñas de acción céntranse na loita contra o cambio climático, a caza de baleas, a proliferación da enerxía nuclear (tanto na vertente militar como na civil), a enxeñería xenética e o emprego de elementos tóxicos na industria, así como na protección dos bosques e dos océanos e no apoio ás iniciativas de comercio xusto e desenvolvemento sostible. Para a realización das súas actividades, financiadas polas achegas dos seus socios e simpatizantes e os ingresos xerados pola venda directa de material elaborado pola organización, conta cunha estrutura profesional e unha pequena flota de barcos que serven de base ás súas campañas. Greenpeace xurdiu en 1971, cando un grupo de 12 activistas, tripulantes do buque Phyllis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá que nace nas Montañas Rochosas, únese co río Athabasca e xuntos forman o río Slave, que desauga no lago Great Slave. Ten unha lonxitude de 1.690 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista. Convertido en periodista profesional, colaborou coa revista satírica Punch, con escritos que máis tarde reuniu no volume The Book of Snobs (1848). Das súas primeiras novelas históricas destaca The Luck of Barry Lyndon (1844), revisada máis tarde que apareceu co título de The Memoirs of Barry Lyndon (1856), unha longa obra ambientada no s XVIII. Vanity Fair (1847-1848) foi a primeira novela que apareceu co seu nome e a que o consagrou. Posteriormente tirou do prelo Henry Esmond (1852), outra novela histórica, pero dunha maior formalidade en canto á estrutura. Das súas obras contemporáneas destaca The History of Pendennis (1848); e a balada The Rose and the Ring (1855), en prosa, que foi considerada un texto modélico para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO