"Pella" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión utilizada inicialmente para designar as composicións polifónicas relixiosas sen acompañamento instrumental, e aplicada despois, por extensión, a toda obra vogal sen instrumentos.
-
PERSOEIRO
Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na antiga Esparta, asemblea do pobo, composta por todos os cidadáns de máis de 30 anos, que se xuntaba unha vez ao mes baixo a dirección dos éforos.
-
PERSOEIRO
Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Barcelona, por riba do río Anoia, que forma neste lugar o desfiladeiro de Capellades (5.021 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, con fábricas de papel, cartón, embalaxes, tecidos, cerámica e industrias derivadas da madeira. É tamén centro de veraneo, con grande afluencia turística. En 1961 creouse no antigo muíño da vila o Molí-Museu Paperer, onde se fabrica o papel de barba cos mesmos procedementos mecánicos ca no s XVIII. No mesmo edificio atópase o Museu Arqueològic Amador Romaní inagurado en 1948. No sistema cárstico de Capelló atópase o xacemento Abric Romaní.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Capelán.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Presidente fundador de FADESA. Exerceu como presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña, e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España, membro do comité organizador de Barcelona Meeting Point e membro do comité organizador do Salón Inmobiliario de Madrid. Conseguiu situar a FADESA entre as principais inmobiliarias de España. En 2001 foi galardoado co premio ao mellor Empresario Inmobiliario Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Palestina, Transxordania, que se corresponde coa actual Hirbat-Fa ḥ il. Fundada seguramente por Seleuco I (312-280 a C), Alexandre Janneo destruíuna e Pompeio reconstruíuna en 63 a C. Foi incorporada á Decápolis de Sicilia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós da rexión de Macedonia Central, Grecia (2.506 km2; 138.761 h [1991]). A súa capital é Edessa (16.642 h [1981]).