"Penalba" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 904 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NO da parroquia de Carraxo (Laza). O seu cumio acada os 905 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento situado no Couto de Penalba (Campo Lameiro). Foi escavado entre 1983 e 1988 por A. Álvarez Núñez e datouse na transición do Bronce Final á Idade do Ferro (s VI a C). Ten muralla con rampa de acceso polo exterior e foso situado cara ao SO. No interior compónse de dous socalcos que facilitaban o instalación das vivendas na parte máis elevada. As vivendas contaban con fogar central. Na croa está o gravado rupestre da Pedra da Serpe. Ademais de sementes, a maioría de Quercus, trigo e millo miúdo, atopouse unha punta de lanza de bronce, duns 20,5 cm de lonxitude, unha rodela de esteatita decorada con perforacións, un muíño barquiforme e un vaso bruñido con decoración incisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ponferrada. Construída en estilo mozárabe en 937 polo abade Salomón, é o único vestixio que queda do mosteiro que fundou san Xenadio no s IX. Ten planta cruciforme cunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de ferradura. A cabeceira consta dun ábsida rectangular cara ao exterior e de ferradura cara ao interior, e cunha contraábsida semicular ao oeste. O arco de acceso á ábsida é de ferradura enmarcado nun alfiz. Aos lados da nave ábrense dúas cámaras laterais. Todas as cubertas son abovedadas. A portada principal, situada no lado sur, está enmarcada por un alfiz. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que se estende polo S da parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela) en dirección NO-SL. A súa altitude media é de 700 m.

    VER O DETALLE DO TERMO