"Peralta" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, bañado polos ríos Arga e Arlás, afluentes do Ebro (5.368 h [2001]). É un centro agrícola e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e poeta. Foi reitor da Universidad Nacional Mayor San Marcos de Lima e interesouse polas correntes filosóficas e científicas europeas. Cultivou a épica, con escasa fortuna, e o teatro, máis relevante, se ben destacou como poeta cortesá e barroco. Publicou La Rodoguna (1710), Triunfos de amor y poder (1711), Afectos vencen finezas (1720) e Lima fundada (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Tivo os seus obradoiros tipográficos na rúa Real da Coruña. Editou o xornal El Eco Mercantil a partir de 1847 e o seu sucesor El Emancipador, tamén en 1847.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de peraltar.
-
Que ten ou forma peralte.
-
Aplícase a un arco ou bóveda cando teñen a curva máis alta ca a metade da luz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar peralte a unha bóveda, arco ou curva.
-
PERSOEIRO
Cronista. Procedente de familia de conquistadores, foi un dos primeiros escritores crioulos. Escribiu Tratado de la caballería de Jineta y Brida (1580), el Libro de albeitería e o Tratado del descubrimiento de las Indias (1578).
VER O DETALLE DO TERMO