"Percival" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Meteorólogo sueco. Foi o sistematizador do método noruegués de análise meteorolóxica. Introduciu o concepto de masa de aire, explicou a frontoxénese cinemática e estudiou o mecanismo das precipitacións atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Descubriu o movemento de revolución de Mercurio e de Venus. En 1915 postulou a existencia dun planeta transneptúnico, do que calculou a órbita e a posición. Este planeta, descuberto en 1930 por Clyde Tombaugh, foi denominado Plutón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no antigo francés Perceval ou Perseval, procedente do galés Peredur, nome dun personaxe literario do ciclo artúrico moi presente na cultura galega. Presenta a variante Parsifal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de ficción que protagonizou diversas novelas artúricas da chamada materia de Bretaña. Apareceu primeiro nos romances de Chrétien de Troyes, que o fixo protagonista de Le Conte du Graal, onde se presenta como fillo de sir Pellinor. Paradigma do cabaleiro perfecto, a súa figura xuvenil retomárona outros escritores franceses de finais do s XII e comezos do XIII. Cara a 1225 converteuse nun dos cabaleiros máis destacados da gran compilación que se realizou en prosa sobre Lancelote e o Santo Graal. Na literatura galega, ademais das referencias a Percival nalgunhas obras de R. Cabanillas e Á. Cunqueiro, protagonizou un dos catorce relatos de Percival e outras historias (1958), de Méndez Ferrín, e formou parte do elenco de personaxes escollidos por Darío X. Cabana para a súa novela Galván en Saor (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Destacou polas súas intervencións cirúrxicas en Saint Bartolomew’s Hospital, onde foi profesor, e polos seus estudos sobre as doenzas óseas. O seu nome quedou asociado á espondilite tuberculosa (mal de Pott).

    VER O DETALLE DO TERMO