"Perth" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Na súa obra, sempre mantendo o contacto coa visión da natureza, uniu as tradicións do postimpresionismo con certos alcances do cubismo e do construtivismo. Cultivou o óleo e o debuxo con tinta chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Tayside, Escocia, Reino Unido, situada nunha frondosa comarca (42.000 h [estim 1995]). Ten industrias de colorantes, de maquinaria e de vidro. Cidade desde 1106, ostentou ocasionalmente, entre os ss XIII e XIV, a capitalidade de Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Australia Occidental, Australia, situada na desembocadura do río Swan, na baía de Fremantle, no Océano Índico (1.339.993 h [2001]). Fundada en 1829, experimentou un grande aumento demográfico grazas á explotación das minas de ouro. É o primeiro centro administrativo, comercial e financeiro do oeste, e tamén un activo centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (5.311 km2; 133.620 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Osteocondrite deformante xuvenil da cadeira que foi descrita en 1902 polos cirurxiáns Arthur T. Legg (1874-1939), Jacques Calvé (1875-1954) e George C. Perthes (1869-1927). OBS: Tamén se denomina enfermidade de Legg-Calvé-Perthes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor alemán. Iniciouse no mundo dos libros na libraría Ettinger, ata que en 1785 fundou en Gotha unha editorial que, máis tarde, se transformou en Instituto Editorial Xeográfico. Nel colaboraron destacados xeógrafos e intelectuais da época, como Berghaus, Diez, Reichard e Sydow. Das súas publicacións destacan Almanach Gotha e Stieler’s Hand Atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO