"Petronio" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (455). Participou na caída de Aecio e puido tomar parte no asasinato de Valentiniano III (455). Recoñecido como emperador, obrigou a Eudosia, viúva do emperador defunto, a casar con el. Fronte ao avance dos vándalos de Xenserico sobre Roma tentou fuxir pero foi capturado pola plebe, que o asasinou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Petronius, da gens Petronia, familia plebea en Roma. Quizais proceda dun antigo topónimo que indicaba ‘pedregal, pedreira’, e polo tanto relacionado con petra ‘pedra’.
-
PERSOEIRO
Escritor latino. É o suposto autor da monumental sátira menipea coñecida como Satiricón, xeralmente identificado cun aristócrata romano, citado por Tácito. En virtude da obra, unha das máis orixinais da literatura latina, atribúenselle dotes de novelista, de escritor realista e de enriquecedor da linguaxe, tanto pola novidade dos seus recursos estilísticos como pola incorporación de idiotismos e barbarismos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Boloña. Ocupou varios cargos civís ata que se decidiu polo sacerdocio e foi bispo de Boloña cara a 430. Visitou os lugares santos de Palestina. A súa festividade celébrase o 4 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO