"Piacenza" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • san (? 1290 - 1351) Terciario de san Francisco. Peregrinou a Roma e a Sicilia, e logo retirouse ao deserto. Na iconografía viste hábito franciscano e leva atributos relacionados coa caza (un cervo, unha frecha, etc). A súa festa celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na rexión de Emilia-Romaña, Italia, situada á dereita do río Po (95.132 h [2001]). É o centro dunha rica comarca agrícola, con industrias de transformación de produtos do campo. A existencia de gas natural e petróleo favoreceu a creación de novas industrias. Colonia creada por Roma (218 a C), foi devastada polos galos (200 a C e) e en 546 os ostrogodos saqueárona. Formou parte da Primeira (s XII) e Segunda Liga Lombarda (1226). En 1270 pasou a Carlos de Anjou, dependeu de Milán (1448-1511) e da Santa Sé (1512-1545), ata que o Papa Paulo III a cedeu, como parte do ducado de Parma, ao seu fillo Pedro Luís I de Parma. Do seu patrimonio cultural destaca a basílica de Sant’Antonino (s XI), a igrexa de San Sabino, que conserva as primitivas formas románicas, e a catedral (1112-1233).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.589 km2; 263.309 h [2001]). A súa capital é Piacenza.

    VER O DETALLE DO TERMO