"Pitti" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia florentina coñecida desde o s XII. Entre os seus membros destacaron Buonaccorso Pitti (Florencia 1354-1430), comerciante, banqueiro, escritor e embaixador florentino en Francia, Baviera e Roma, que escribiu unha crónica sobre os acontecementos do seu tempo; e o seu fillo Lucca Pitti (Florencia 1395?-1472), que iniciou a edificación do Palazzo Pitti (1440) e se converteu no home forte de Cosimo de Medici (1457). Dividida en diversas ramas a finais do s XV, parece que se extinguiu no s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio construído en Florencia sobre un deseño de Filippo di Ser Brunelleschi (s XV) por encargo do comerciante Lucca Pitti en 1440. Os Medici continuaron as obras, dirixidas por Ammanati (1558-1570) e sufriu posteriores ampliacións. É un dos modelos básicos da tipoloxía do palacio florentino. Contén a Galería Pitti, baseada nas riquísimas coleccións de obras de arte de Cosme II e Fernando II de Toscana, enriquecida despois por outros membros das familias Medici e Lorena.