"Ponce" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico e musicólogo. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela (1877) e marchou a Madrid para rexentar a farmacia de Moreno. En 1880 volveu a Pontevedra para establecer a súa propia farmacia, que se converteu no centro da intelectualidade pontevedresa e lugar onde se fundou en 1883 o coro Aires da Terra. Estudioso do folclore musical galego, colaborou en distintas publicacións da época con artigos como “Alborada de Rosalía de Castro” ou “La gaita gallega”, moitas veces empregando o pseudónimo de El gaiteiro del Lérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Foi xefe de redacción da Revista de la Universidad de México. Da súa produción destacan El canto de los grillos (Premio de Teatro de Ciudad de México 1954), Imagen primera (1963), Figura de paja (1964), La casa de la playa (1966), El reino milenario (1969), Trazos (1974), La errancia sin fin (Premio Anagrama 1981) e Las huellas de la voz (1982). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Literatura (1989) e o Premio Juan Rulfo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. As súas obras, impregnadas dun gran sentido humorístico, fixérono moi popular. Foi autor de novelas (Amor se escribe sin hache, 1929; Pero... hubo alguna vez once mil vírgenes?, 1931; La tournée de Dios, 1932), aínda que destacou como dramaturgo, xénero en que está considerado como un precursor do teatro do absurdo, con Angelina o el honor de un brigadier (1932), Los ladrones somos gente honrada (1941) e Eloísa está debajo de un almendro (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade portuaria de Puerto Rico, situada ao S da illa (159.151 h [1990]). A súa economía baséase na elaboración de produtos agrícolas. Conta ademais con destilarías de ron e exporta azucre, tabaco e froita.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Participou na conquista de Granada (1481-1492) e foi a América con Cristovo Colón (1493). Conquistador e gobernador (1510-1512) de Borinquén (Puerto Rico), combateu a resistencia dos indios ao sistema de encomendas. En 1513 descubriu Florida, cando estaba na procura da fonte da eterna xuventude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, terceiro conde de Arcos, primeiro marqués e duque de Cádiz. Capitán xeneral da Guerra de Granada e conselleiro e privado dos Reis Católicos, foi un dos últimos grandes señores feudais andaluces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor mexicano. Formado no Conservatorio de Berlín e discípulo de P. Dukas (1925-1933) na École Normale de Marique, traballou a composición con Marco E. Bossi. Director da Orquesta Sinfónica Nacional de México, co tempo abandonou o seu estilo suave para acoller unha linguaxe impresionista con técnicas contrapuntísticas. Autor da célebre canción Estrellita (1914), e estudoso do folclore musical mexicano, escribiu máis de 50 cancións populares, un concerto para piano e orquestra (1912), Ferial (1940), para orquestra; e Concierto del sur (1941), para guitarra e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Tras estudar arte dramática en Madrid, iniciouse no mundo do teatro coa obra Mariana Pineda. Conseguiu o seu primeiro papel protagonista en La muerte de Escorpión (1976), de Gonzalo Herralde, e destacou especialmente no filme Arrebato (1980), de Iván Zulueta, co que conseguiu o premio ao mellor actor no Festival de Cine Fantástico de Porto. Compaxinou as súas actividades teatrais e cinematográficas coa participación en series televisivas como Curro Jiménez (1976), Pepe Carvalho (1984-1985) e Los gozos y las sombras (1985). Participou tamén nos filmes Werther (1986), La ley del deseo (1987), El Dorado (1988), Continental (1988), Martin (Hache) (1997) e La agonía (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade auxiliar de potencia equivalente ao traballo efectuado nun segundo por unha forza de 100 kp que actúa durante un metro de percorrido: 1 poncelet = 100 kp·m/s = 100 kgm/s = 980,7 W. É unha unidade que está en desuso.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao O da capital provincial (7.099 h [2001]). Posúe agricultura, gandaría e industria da cortiza. Destaca o antigo mosteiro de San Isidoro del Campo (BIC, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO