"Poncio" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
Relativo ou pertencente aos leponcios.
-
Individuo do pobo leponcio.
-
Pobo galo que habitaba na rexión situada nos Alpes entre as fontes do Ródano ao lago Como.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do nome latino Pontius, que pode derivar do numeral osco pomtis, análogo ao latín quinque ‘cinco’, ou do sabino pompe ‘cinco’, de onde vén Pompeo. Outra hipótese sinala a palabra pontus ‘mar, onda’ ou ‘mariño, o que pertence ao mar’. Ademais da creación do apelido Pons, converteuse en nome común coa forma poncio que, familiarmente, significa ‘gobernador dunha provincia, persoa importante a escala local’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Padeceu martirio durante as persecucións de Decio e Valeriano. Refuxiouse en Cimiez e encerrárono xunto con dous osos que se deitaron aos seus pés. Segundo a paixón lendaria do s VI, foi bautizado polo Papa Ponciano. Morreu decapitado. Viste como patricio romano e porta como atributos un libro e un coitelo, ou un ídolo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Velley. Foi monxe cartuxo e cóengo en Lyon. Viste as roupas episcopais co hábito branco dos cartuxos por debaixo. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 260) Diácono. Foi discípulo de san Cibrán de Cartago e acompañou o seu bispo no exilio durante a persecución de Valeriano. A súa festividade celébrase o 14 de maio.