"Ponteceso" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Lugar da parroquia de Cospindo, capital do concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Bergantiños, situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 43° 14’ de latitude N e 8° 59’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Malpica de Bergantiños (comarca de Bergantiños), ao L cos de Carballo e Coristanco (comarca de Bergantiños), ao S co de Cabana de Bergantiños (comarca de Bergantiños), e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 91,9 km 2 , en que acolle unha poboación de 6.494 h (2007), distribuída nas parroquias de Anllóns, Brantuas, Cores, Corme Aldea, Corme Porto, Cospindo, A Graña, Langueirón, Nemeño, Niñóns, Pazos, Tallo, Tella e Xornes. A capital do concello é Ponteceso, situada na parroquia de Cospindo, localizada a 52 km da cidade da Coruña e a 66 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Carballo.
    Xeografía física
    O relevo presenta unha gran variedade, é o máis accidentado da comarca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Anllóns en Ponteceso. Trátase dunha ponte do s XIX, construída en cantaría con arcos rebaixados. Conta con cinco vans e sitúase na estrada de Buño a Laxe.

    VER O DETALLE DO TERMO