"Ponto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apontoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer pontóns a unha cousa, especialmente entre as vigas dunha construción.
-
PERSOEIRO
Rei do Ponto (? 185-169 a C). Estableceu a capital en Amasia e apoderouse de Sinope. No 183 a C derrotou a Eumenes II de Pérgamo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo dos Dardanelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega situada á beira do Mar Negro. Fundada no s VI a C por megarenses e beocios, acadou o seu máximo esplendor baixo o goberno do tirano Clearco (s IV a C). A conquista romana significou o inicio da súa decadencia.
-
PERSOEIRO
Rei do Ponto. Participou nas loitas dinásticas dos seléucidas e favoreceu a Antíoco III para expulsar a Seleuco II de Asia Menor. Crese que o seu reinado rematou cara a 220 a C e que foi sucedido polo seu fillo Farnaces I do Ponto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Everxete (Ponto s II a C) Rei do Ponto (150?-120 a C), fillo de Mitridates IV Filopátor. A súa alianza cos romanos permitiulle obter o goberno de Frixia. Fíxose cargo, ademais, da Capadocia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eupátor (Ponto 132? - 63 a C) Rei do Ponto (111-63 a C), fillo de Mitridates V Everxete. Como rei do Bósforo cimerio, aliouse con Nicomedes III e conquistou Paflagonia. Desde 89 a C, a invasión do Ponto abriu o gran período de guerras entre Mitridates e os romanos. En 87 a C, Lucio Cornelio Sula desembarcou en Grecia, someteu Atenas e obrigou ao monarca póntico a asinar a paz (84 a C). A guerra recomezou coa anexión de Bitinia feita polos romanos (74 a C) e, malia que no primeiro momento foi favorable a estes, reportoulle despois moitos éxitos a Mitridates (68-67 a C), ata que interveu Cneo Pompeio. Mitridates reuniu un exército no Bósforo e intentou apoderarse de Italia, pero a revolta do seu fillo Farnaces II levouno ao suicidio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu, nas épocas medieval e moderna, a illa de Eubea. Dominio de Venecia no s XIII, cando os cataláns ocuparon o ducado de Atenas apoderáronse tamén da illa (1317). En 1351 foi defendida por cataláns e venecianos aliados contra os xenoveses. Caída en poder dos turcos no s XV, incorporouse a Grecia en 1821.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia Menor, situada ao NO de Armenia menor. Foi fundada por Cneo Pompeio, en lembranza da vitoria sobre Mitridates VI de Ponto, e anexionada ao Imperio Romano por Nerón. Reconstruída por Xustiniano I despois dun terremoto, foi arrasada novamente polos persas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xibón forte, acolchado e pespuntado con que os guerreiros se protexían das armas de fío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión da Turquía asiática do NL, que orixinariamente correspondía á parte de Capadocia que limitaba co Pontus Euxinus (Mar Negro) e se estendía ata o Cáucaso. É a posible patria dos indoeuropeos, que habitaron alí e a fixeron centro de emigracións entre o 2500 e 2000 a C. Chegou a ser reino autónomo durante as loitas dos diádocos (220 a C) grazas á política de Mitridates. Alcanzou o seu máximo esplendor baixo Mitridates IV Filopátor (132?- 63 a C) pero extinguiuse rapidamente pola ocupación romana de Cneo Pompeio (63 a C) e a anexión definitiva ao Imperio Romano (64 d C).
-
SERRAS
Sistema montañoso de Turquía, situado ao N de Anatolia. Esténdese ao longo da costa do Mar Negro, desde o Bósforo ata a fronteira con Xeorxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Especie de viga estreita que vai de trabe en trabe e no que van cravadas as táboas do piso, do teito ou sobre os que descansan as tellas.
-
Ponte pequena.
-
Ponte flotante constituída por dúas barcas ou flotadores unidos por un ou máis postes.
-
Embarcación que ten o fondo, a proa e a popa planas e que se emprega para cruzar ríos ou como base de pontes provisionais.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Trasmiras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Queizán (O Corgo). O seu cumio acada os 573 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Mourisca e Hedroso, ambas as dúas no concello de Viana do Bolo. O seu cumio acada os 1.019 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de vigas que forman o asento ou base do hórreo.
-
Conxunto dos pontóns dun tellado.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pontopóridos.
-
Mamífero cetáceo da familia dos pontopóridos.
-
Familia de cetáceos, da suborde dos odontocetos, co fociño alongado e que viven en augas costeiras moi pouco profundas. A única especie viviente é Pontoporia blainvillei, que habita no S do Atlántico, aínda que existen diversos fósiles pertencentes a outros xéneros.
-