"Porsche" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa alemá dedicada á construción de automóbiles deportivos, fundada en 1931 polo enxeñeiro Ferdinand Porsche co nome de Dr. Ing. h.C. Porsche GmbH. Konstrutktionen und Beratungen für Motoren und Fahrzeugbau en Stuttgart. O primeiro modelo, o Porsche 356, foi lanzado en 1948. En 1972, xunto coas outras empresas da compañía, formou o holding Porsche GmbH. Pertence ao grupo Volkswagen.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Traballou en diversas empresas para as que ideou vehículos como o eléctrico Lohner-Porsche, o automóbil de competición Auto Union, trolebuses e sistemas de transportes mixtos de gasolina e eléctricos, e diversos modelos Mercedes para Daimler e modelos de guerra para Škoda. En 1931 creou a súa propia empresa, Porsche, e en 1934 gañou o concurso para desenvolver o coche para a xente ou Volskswagen, que presentou en 1939 e que foi coñecido como o Escaravello. En 1938 converteuse nun dos directores de Volkswagen GmbH. Durante a Segunda Guerra Mundial proxectou vehículos de guerra e transporte, e á finalización da mesma foi arrestado polas forzas de ocupación francesas e asumiu a dirección da empresa o seu fillo. En 1948 lanzou o primeiro modelo Porsche, o 356.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario automobilístico, fillo de Ferdinand Porsche. Coñecido como Ferry Porsche, dirixiu a empresa familiar ao rematar a Segunda Guerra Mundial e trasladou a fábrica a Gmünd. En 1963 comercializou o modelo Porsche 911, deseñado xunto co seu fillo Ferdinand Alexander Porsche, e que fixo nacer o mito dos automóbiles desta marca.
VER O DETALLE DO TERMO