"Pumar" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Mestre e político. Foi alcalde de Nogueira de Ramuín dende o ano 1976 ata 1995, ano en que se presentou na candidatura á cidade de Ourense;   así mesmo, é presidente da Deputación de Ourense dende 1990. Fundou o partido Centristas de Galicia, do que foi secretario xeral, que posteriormente se integrou no Partido Popular, onde ocupa o cargo de presidente provincial dende 1992; ademais, é membro da executiva rexional do PP e forma parte da comisión permanente do PP español e da súa Xunta Directiva Nacional. Entre os anos 1996 e 2000 foi senador pola circunscrición de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do río Miño pola dereita que nace e desemboca na parroquia de Bazar (Castro de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 18.5.1925) Asesor de comunicación. Técnico directivo de comunicación e relacións públicas e de radiotelevisión e diplomado en protocolo, foi xefe de Protocolo e Relacións Públicas do concello de Santiago de Compostela e asesor de protocolo do presidente da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Comunicación e Relaciones Públicas de España. Escribiu Guía de protocolo (1985) e Ceremonial y protocolo (1990). Recibiu a encomenda de número da Orden al Mérito Civil e a Cruz Oficial da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Sil, que nace na parroquia de Vila e desemboca na de Pumares, ambas as dúas no concello de Carballeda de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Sil, no concello de Carballeda de Valdeorras, no límite co concello de Rubiá. Ten unha superficie de 60,84 ha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1899 e colaborou en diversas publicacións. Escribiu, entre outros, Vibraciones: Renglones cortos (1915), Novena y compendiosa vida del glorioso mártir gallego San Francisco Blanco (1915) e Carnet del Terciario Franciscano (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deportista. Coñecido como Molezún, foi campión nacional de 110 metros valados (1942, 1947, 1948 e 1949), campión de altura (1948) e participou nos Xogos Olímpicos de Londres (1948). Instalouse en Madrid desde 1928 e foi profesor de belas artes na Universidad Complutense de Madrid. Traballou con diversos materiais e técnicas como a acuarela, a vidreira ou o deseño para estampado en tea. Cultivou unha abstracción xeométrica que partiu do cubismo. Cara ao final da súa vida mostrou unha tímida figuación. Empregou os grandes planos e as cores neutras. En 1974 realizou un mural para a sede en Madrid da Fundación March. Gañou o concurso para a decoración do pavillón español na Exposición de Bruxelas de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO