"Quart" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Produción italiana realizada en 1982 e dirixida por Fabio Carpi. Foi interpretada por Héctor Alterio, Omero Antonutti, Pierre Malet e François Simon. A unión existente entre un cuarteto de músicos creba pola morte dun deles. Coa incorporación dun violinista novo saen a relucir rancores agochados despois de moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor francés. Fundou en 1851 o primeiro taller de tirada de probas fotográficas en bloque, método que utilizou despois para traballos editoriais. Perfeccionou o proceso de calotipia e introduciu o papel positivo tratado con albumina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de jazz estadounidense fundado en 1951, composto por John Lewis (piano e director), Milt Jackson (vibráfono), Percy Heath (baixo) e Kenny Clarke (batería) a quen substituíu Connie Kay en 1955. O seu estilo vinculouse co bop, moi de moda na época. Disolveuse en 1974, pero retomou a actividade en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (2.362 h [2001]). A industria tradicional foi a olaría e a cerámica verde e os reloxos. A proximidade con Girona contribuíu ao desenvolvemento e á diversificación industrial, no que destaca o sector alimentario, as estruturas metálicas e os mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (25.305 h [2001]). Na agricultura predominan os cítricos e as hortalizas. Desde 1970 converteuse nun gran centro industrial, grazas á proximidade e ás boas comunicacións coa cidade de València. O principal sector secundario é o metalúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Cagliari, situada na illa de Sardeña, Italia (67.275 h [2001]). Ten destilarías, fábricas de papel e extensas minas de sal nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austro-alemán. Militante nazi desde 1928, favoreceu a entrada das tropas alemás no país (Anschluss). Como consecuencia diso converteuse en statthalter de Austria. Durante a Segunda Guerra Mundial foi comisario do Reich en Holanda (1940-1945). Xulgado polo tribunal de Nuremberg, foi aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO