"Queen" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Home travestido que viste roupas rechamantes e estrafalarias, perrucas coloristas, zapatos de plataforma e maquillaxe sofisticada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terence Steve McQueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terence Steven McQueen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Steve McQueen, interpretou papeis dinámicos e agresivos que obtiveron unha boa acollida entre o público. Da súa filmografía destacan The Magnificent Seven (1960), The Great Escape (1963), The Sand Pebbles (1966), pola que foi nominado ao Oscar; ; Bullitt (1968), Papillon (1973) The Towering Inferno (1974) e The Hunter (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock británico formado en 1972 por Freddie Mercury, Brian May, Roger Taylor e John Deacon. A raíz da morte do seu líder (1991), F. Mercury, o grupo disolveuse. En 2005 iniciaron a súa primeira xira europea tras a morte de Mercury, quen foi substituído polo cantante Paul Rodgers. Da súa discografía destacan A Night in the Opera (1976), coa que obtivo unha enorme popularidade, Flash Gordon (1980), A King of Magic (1986), Innuendo (1991), Live At Wembley’86 (1992) e Made In Heaven (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo conxunto dos escritores estadounidenses Frederic Dannay (Nova York 1905-White Plains, Nova York 1982) e Manfred Bennington Lee (Nova York 1905 - Roxbury 1971). Aínda que tamén escribiron parte da súa obra por separado, destacaron grazas ás súas novelas policiais The Roman Hat Mystery (1929), Drury Lane’s Last Case (1933) e Why So Dead (1966). En 1941 fundaron a revista Ellery Queen Mystery Magazine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Nova York, EE UU, o máis grande en extensión, situado ao O de Long Island (180 km2; 2.229.379 h [2000]). Esténdese a través da illa, desde a unión do East River e Long Island Sound ao Océano Atlántico. A construción da ponte de Queensboro (1909) e do túnel viario e ferroviario de Long Island (1910) promoveu unha rápida expansión. É de carácter residencial e industrial, e nel están os aeroportos de La Guardia e o John F. Kennedy International.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Australia (1.727.200 km2; 3.655.139 h [2001]). A súa capital é Brisbane. A costa pacífica é abrupta e ten moitas illas, no interior levántase o Great Dividing Range (900-1.500 m), e ao O esténdese un basto altiplano. Atravesado polo trópico de Capricornio, ten clima tropical e case ecuatorial no N. O bosque cobre a cordilleira, e no interior hai unha transición da sabana ao saltbush. Conta coa metade dos bovinos do país e ten gandaría leiteira e ovina en Darling. A cana de azucre é o cultivo máis importante e supón o 95% da produción australiana. Os recursos mineiros son abundantes dos que destacan o estaño, cobre, chumbo, cinc, grandes depósitos de bauxita e uranio. Posúe reservas de carbón, petróleo e gas natural. A industria de fertilizantes, química, petroquímica, montaxe de vehículos de motor, locomotoras, estaleiros, téxtil da la, plásticos e pneumáticos, céntrase principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO