"Quinesia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
discinesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral publicada en Vigo a partir de xuño de 1983. Subtitulada “Revista de educación especial”, foi dirixida por Francisco Insua. Promovida polo Centro de Educación Especial San Rafael de Vigo, centra os seus estudos e investigacións no campo da discapacidade.