"Quiteria" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo feminino que provén do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtibero ou do grego Κυθέρεια, que ao latín pasou como Cytherea, epíteto de Venus Afrodita, da cidade de Citeres, en Creta. Presenta as variantes Quitera e Quitérea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Suponse que era filla dun nobre galaico pagán que se fixo bautizar ás agachadas, consagrando a súa virxindade a Xesús Cristo. Como se negou a casar co mozo que o pai lle buscara como marido, este decapitouna. En Portugal considérana natural de Coimbra. A súa festividade celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO