"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
drom(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro derivado do etano, con punto de ebulición de 131°C e punto de fusión de 9,79°C. Emprégase en medicina como disolvente de substancias orgánicas e como aditivo nas gasolinas para eliminar o chumbo durante a combustión.
-
PERSOEIRO
Escritor do grupo dos xeorxianos. Foi autor de obras de poesía, teatro e ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Foi un impulsor do urbanismo contemporáneo e un dos pioneiros do planeamento rexional. O seu método recóllese no manual Town and country planning (Planeamento rexional e urbano, 1933). Non obstante , o seu maior traballo foi o plano do “Gran Londres” (1944) en colaboración con J. H. Forshaw.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral escocés. Realizou os planos da remodelación de Dublín (1913) e de Addis Abeba (1955). Dirixiu a campaña británica nas Indias Occidentais (1795) e foi comandante en xefe do exército de Irlanda (1797-1798) e da expedición a Exipto (1801), onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro suízo. Constructor de funiculares e ferrocarrís de montaña, foi o inventor dun sistema de cremalleira que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello para medir a aceleración á que está sometida un corpo, respecto dunha referencia fixa, para estudar as consecuencias e efectos que poida ter sobre el.
-
PERSOEIRO
Cuarto conde de Monterrei. Pasou a súa infancia na Corte e na casa do Arcebispo de Toledo. Casou con Inés de Velasco e Tovar, filla de Xoán Velasco e Tovar, marqués de Berlanga. Foi Pertigueiro Maior de Santiago e serviu ao infante Felipe de Austria, fillo de Carlos I. Rexeitou o cargo de Embaixador do Reino de Castela no Concilio de Trento para o que fora nomeado por Filipe II. No 1559 sucedeu ao seu pai, Alonso de Acevedo e Zúñiga, como conde de Monterrei. Morreu tres anos despois en Babilafuente. Os seus fillos Gaspar, quinto conde de Monterrei, e Baltasar brillaron no eido bélico, político e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1867). Trasladouse a Lugo onde comezou a editar La Idea moderna, deixando a súa dirección pouco antes do seu falecemento. Nesta publicación apareceron obras súas como Miscelánea literaria (1892), Un lance (1901), de tendencia folletinesca, e De la Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (1901). Publicou uns estudios literarios no xornal El Diario de Lugo, asinando algúns co pseudónimo Amorodul. Realizou estudios sobre a historia de Ribadeo que culminaron na súa Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo e La villa y puerto de Ribadeo, estes últimos incluídos no Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887), elaborado por Novo García.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de virilismo de orixe corticosuprarrenal que aparece na muller e que se caracteriza por diabete pancreática e hirsutismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acromat(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘sen coloración’ e que equivale a acrom(i/o)-.
-
-
Bacteria da familia das acromatiáceas.
-
Familia de bacterias da orde das bexiatoais. Viven nas augas mariñas e continentais, e caracterízanse porque non forman tricomas.
-
-
-
Estruturas celulares non susceptibles de ser tinxidas cos colorantes empregados nas técnicas citolóxicas ou histolóxicas como o fuso acromático.
-
-
Que reflicte a luz branca sen descompoñela.
-
Sistema óptico no que a corrección da aberración cromática permite ver os obxectos exentos das coloracións extrañas que presentan nas beiras cos sistemas non corrixidos.
-
-
-
-
-
Calidade de acromático.
-
Propiedade dun sistema óptico de evitar a aberración cromática.
-
-
Resulta da mestura das cores primarias e das súas complementarias en cantidades iguais.
-
-
-
Facer acromático, é dicir, privar de cor.
-
Facer acromático un sistema óptico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade ou dificultade de percibir ou distinguir as cores.