"Radiola" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, monocotiledóneas, da familia das lináceas, con follas simples e enteiras, flores actinomorfas e tetrámeras, e froito disposto en cápsula. En Galicia está presente en lugares húmidos a especie R. linoides.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos radiolarios.
-
Protozoo da clase dos radiolarios.
-
Clase de protozoos sarcomastigóforos provistos dunha cápsula central perforada segregada polo endoplasma e co núcleo celular situado na zona central. Viven illados ou en colonias e constitúen un importante elemento do plancto mariño. Aliméntanse de flaxelados, diatomeas e pequenos crustáceos vivos.
-
-
Depósito de creta, formado no fondo dos océanos a profundidades de máis de 3.000 m, que contén restos de cunchas de corais, esponxas, radiolarios ou diatomeas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha sedimentaria formada a partir de lama de radiolarios.