"Rapp" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oposición harmónica das partes do corpo, en especial das que se atopan en movemento ou tensión mentres as simétricas están en repouso. Michelangelo Buonarroti foi un dos seus máximos cultivadores.
-
PERSOEIRO
Violinista, pianista e compositor. Participou nos inicios do jazz instrumental francés e en 1934 con Django Reinhardt creou o Quintette du Hot Club de France. Posteriormente, empezou a carreira como solista e gravou, entre outros, xunto a Bill Coleman, Coleman Hawkins, Hank Jones e Yehudi Menuhin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de escritores do partido bolxevique ruso. Exaltaban a literatura rusa do s XIX e aplicaban á literatura o método do materialismo dialéctico e o principio da loita de clases. A partir de 1929 estableceron o control político sobre as actividades literarias. Disolveuse en 1932 e foi substituída pola Sojuz Pisatelej SSSR (Unión de Escritores Soviéticos).
-
PERSOEIRO
Líder relixioso alemán. En 1803 emigrou a EE UU onde, tomando como modelo a primitiva sociedade apostólica, fundou xunto cos seus seguidores a colonia New Harmony (1810). Posteriormente fundou New Economy que tamén prosperou. Os seus adeptos desapareceron a comenzos do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido tamén como Ansky, máis que polas súas narracións en lingua jiddisch fíxose famoso co drama Dibbuk (1916), que ofrece unha rica galería de costumes xudaicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Manobra que se emprega en escalada para baixar paredes verticais coa axuda dunha corda.
-
Desconto ou rebaixa especial que, ademais do desconto habitual, se fai aos comerciantes por xunto, de acordo coas cantidades adquiridas nun período determinado de tempo.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada na ribeira do río Kāverī (711.862 h [1991]). Ten industria téxtil e de elaboración de tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía situada preto de Soligny-la-Trappe, no departamento de Orne, Baixa Normandía. Fundada en 1140 con monxes beneditinos, pasou en 1147 á reforma do Císter, ata que en 1664 o abade Armand Jean Le Bouthillier de Rancé instaurou nela unha observancia estrita que deu orixe á orde de Trapa.