"Raxoi" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, unha ponte de prata, sumada dunha igrexa do mesmo, acompañada de dúas árbores de sinople, con filetes de ouro, unha en cada flanco. Adoita aparecer castelanizado coa forma Rajoy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Valga. Ten planta rectangular e muros de cantaría. Rodeada por un muro de pedra cun portalón de entrada, no interior esténdese un xardín con varios pombais. Ao conxunto pertence un cruceiro que se atopa no camiño cara á casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Mandouno construír o arcebispo Bertomeu Rajoy para seminario e vivenda dos nenos do coro, acólitos e sacerdotes, e como cárcere e casa consistorial. Deseñado polo enxeñeiro francés Carlos Lemaur, recolle o estilo neoclásico francés e destaca pola súa horizontalidade. De planta rectangular, conta con tres pisos e un ático con bufardas, percorrido por unha balaustrada. A planta baixa está porticada. A fachada principal, que dá á praza do Obradoiro, segue un esquema simétrico ordenado segundo un frontón central triangular e dous frontóns semicirculares laterais asentados sobre columnas xigantes de orde xónica. No frontón central presenta un relevo coa figura ecuestre do Apóstolo Santiago na Batalla de Clavijo, realizada polo obradoiro de Gambino e Ferreiro. No interior do pazo destaca a escaleira rococó. É sede do Concello de Santiago de Compostela e da presidencia da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pontedeume. De estilo barroco (s XVIII), foi mandado edificar polo arcebispo Bertomeu Rajoy. Antigo palacio, da construción orixinal só se conserva a fachada principal, en que se mesturan elementos barrocos tradicionais típicos da escola compostelá con outros máis clasicistas e de influencia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO