"Regina" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Trátase dun dos pais do xénero western e un dos máis prolíficos, que contou coa colaboración de Joe August e W. S. Hart nos aspectos filmográfico e dramático, respectivamente. Entre as súas numerosísimas películas pódense sinalar On the night stage (A plataforma na noite, 1914), Between men (Entre homes, 1915), The iced bullet (A bala xeada, 1917), The branding iron (O ferro que marca, 1918), The bonds of love (Os vencellos do amor, 1919), Broken barriers (Barreiras rotas, 1924), When the door opened (Cando a porta se abriu, 1925), The rainbow (O arco da vella, 1929) e Forbidden Heaven (Ceo prohibido, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. Traballou como arquitecto para despois dedicarse á escultura. A súa obra caracterízase, nunha primeira época, polo aspecto lineal e o tratamento dos volumes e das estruturas de ferro. En 1953 gañou o concurso internacional do Monumento ao prisioneiro político descoñecido, deseño construído en Berlín Occidental no 1960. En 1962 publicou as conferencias, que pronunciara o ano anterior perante os alumnos da Slade School, tituladas Desenvolvemento creativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peter   Southouse-Cheyney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo canadense. Calculou o descenso do nivel do mar durante as glaciacións do Cuaternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e humanista inglés. En contacto con Erasmo, debido á controversia polo matrimonio de Enrique VIII de Inglaterra exiliouse a Italia, onde foi nomeado cardeal (1536). Tamén foi legado pontificio para Inglaterra (1554) e arcebispo de Canterbury (1556). Escribiu In Defense of Ecclesiastical Unity (1536) e outras obras de controversia e humanistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Considerado o fundador da antropoloxía social británica, estableceu un concepto de función con sentido sociolóxico a diferenza do funcionalismo biolóxico de B. Malinowski. Estudou o totemismo e as relacións de parentesco nas sociedades primitivas, converténdose nun dos precursores do estruturalismo. A súa influencia foi notable como portavoz do rigorismo de É. Durkheim. Escribiu The Andaman Islanders (1922), The Social Organization of Australian Tribes (1930) e Struture and Function in Primitive Society (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Saskatchewan, Canadá (178.225 h [2001]). Está situada á beira do río Wascana, ao O da cidade de Winnipeg. A súa economía baséase nas industrias financeiras, lácteas, químicas e de materiais de construción. Posúe refinarías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. De nome Regina Lang, estudou pintura en Stuttgart, Berlín e París, aínda que logo se decantou pola fotografía, influída pola súa irmá. Das súas viaxes polo S de Europa (1934-1939) saíron numerosas series fotográficas pero, de volta a Alemaña, dedicouse á fotografía de moda. Traballou para Vogue (1938), Die Dame (1940-1942) e Madame (1956). Instalada en Múnic (1948), publicou Dreißig Jahre Made Paris (1982), Dreißig Jahre Made Italien (1983) e Faszination Hüte (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antífona do breviario, que comeza con estas palabras, que se canta despois das completas na honra da Virxe e que chegou a ser unha das pregarias máis populares do catolicismo. Documentada xa no s XI, está posiblemente relacionada coa peregrinaxe a Lo Puèg (Velai). Introducida en Cluny (1135), Pío V incluíuna no breviario romano (1565). Alternando coa melodía gregoriana, introducíronse versículos en polifonía, forma que persiste aínda nalgúns lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO