"Reims" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Arcebispo e teólogo. Monxe de Saint-Denis baixo o abade Hilduíno, acompañábao na Corte de Ludovico Pío. Consagrado arcebispo de Reims en 845, foi conselleiro de Carlos II o Calvo e defendeu os dereitos eclesiásticos fronte á coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era bispo de Reims cando se produciu o ataque dos xermánicos e a lenda conta que un deles lle cortou a cabeza dunha machetada cando se atopaba na catedral cantando himnos. Con el foron martirizados a súa irmá e dous diáconos. Iconograficamente represéntase con vestiduras episcopais, decapitado e sostendo a súa cabeza coas mans. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Marne, Champagne-Ardenas, Francia, situada á beira do río Vesle, afluente do Aisne, e do canal Marne-Aisne (187.206 h [1999]). Xunto con Épernay é o centro industrial do distrito champañés e dispón dun dos portos fluviais máis importantes de Francia, onde destaca a industria do champaña, a de montaxe de automóbiles, a de equipamento aeronáutico, a alimentaria e a da confección. Capital da tribo gala dos remi, os romanos chamárona Durocortorum. Foi sé episcopal a partir do s III e, devastada polos vándalos e os hunos, foi reconstruída polos francos. A importancia estratéxica do seu emprazamento concedeulle desde sempre unha grande importancia militar. Alí foi asinada a rendición alemá ao final da Segunda Guerra Mundial (1945). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral gótica, construída sobre unha antiga basílica do s IX e que destaca pola súa profusa decoración escultórica. Tivo que ser reconstruída despois da Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Reims (459-533). Foi apóstolo dos francos e bautizou e confirmou ao seu rei, Clodoveo I en 496, do que despois foi conselleiro. Organizou a misión cristiá no país franco. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO