"Remixio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • GALICIA

    Escritor. Colaborou na prensa da época (La Opinión Pública, El Porvenir e La Ilustración Española y Americana), publicou as pezas dramáticas Luchas de amor y deber (1851) e Triste ejemplo! (1878), e o poemario Cantares españoles (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e presbítero. Colaborou en publicacións como Las Mercedes de María e O Tío Marcos da Portela, onde empregou o pseudónimo de Roque Grilo Berzas. Escribiu xunto con Xosé Martínez de Pazos Baraja mística (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Coñecido como Ramón Nieto, emigrou a Chile e, en 1914, abriu unha oficina de explotación e comercialización do sal, para logo chegar a ser dono dunha das máis grandes compañías salitreiras deste país, a Compañía Galicia. Fundou tamén o Banco Español e as compañías de seguros La Española e La Nueva España. De ideas racionalistas, de volta a Galicia marcouse como obxectivo mellorar a situación escolar galega, e para iso decidiu fundar as Escolas Nieto. A primeira delas abriu as súas portas en 1900 no barrio de Barreiro (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do baixo latín Remigius. Está considerado un alcume místico latino como Remedius, nome co que se chegou a confundir, e facíase derivar de remige(m) ‘remeiro’. Parece máis probable que sexa de orixe céltica ou ben que se trate efectivamente dunha confusión con Remedium, nunha época en que era doado que oscilasen as grafías entre Remedius e Remegius; esta última forma pasaría a Remigius por influencia de Remicius, nome céltico. En todo caso, é notable sinalar a coincidencia entre Remigius ou Remegius, Remedius e remensis, adxectivo étnico de R(h)emi, nome galo da cidade de Reims, cidade da que foi arcebispo san Remixio (437?-533), apóstolo dos francos e conselleiro do Rei Clodoveo. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franco. Foi frade de Saint Germain de Auxerre, onde dirixiu a escola (876?). Discípulo de John Scott e de Llop de Ferrières, comentou os principais teólogos e poetas do seu tempo. Como esexeta é coñecido pola Expositio super Genesim e as Enarrationes in psalmos. A súa Expositio de celebratione missae atribuíuse a Alcuino de York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Reims (459-533). Foi apóstolo dos francos e bautizou e confirmou ao seu rei, Clodoveo I en 496, do que despois foi conselleiro. Organizou a misión cristiá no país franco. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Rouen 772?) Bispo de Rouen, fillo de Carlos Martel. Combateu os abusos na súa diocese e reformou o canto litúrxico. A súa festividade celébrase o 19 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO