"Retia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Relativo ou pertencente aos claretianos ou ao seu instituto.

    2. Membro do instituto relixioso chamado congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión dos Alpes Centrais, que se estendía polos vales superiores do Rin, o Inn e o Adige e comprendía máis ou menos o actual Tirol, parte de Baviera e de Suíza. Orixinariamente habitárona pobos guerreiros, en parte celtas, e para asegurar a tranquilidade da Galia Cisalpina foi sometida ao Imperio Romano por Tiberio e Druso en tempos de Augusto (15 a C), e confiada ao gobernador da Galia. A consecuencia das invasións bárbaras estivo moi desprotexida no s V e rexíaa un duque ostrogodo, ata que tras a morte de Teodorico I o Grande, pasou ao poder dos bávaros, que a xermanizaron rapidamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última etapa do Triásico situada por riba do Noriano e baixo o Hettanxiano. O estrato tipo está nas lousas e calcarias dos Alpes Réticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Retiano.

    VER O DETALLE DO TERMO