"Ripoll" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Político, orador e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía, foi catedrático de Historia de España (1858) e militante do partido demócrata. Desde 1863 dirixiu o xornal La Democracia, onde defendía as posicións económicas liberais do republicanismo individualista. Separado da cátedra en 1865 por mor dun artigo de cariz antimonárquico titulado “El rasgo”, publicado en La Democracia, participou nos movementos que levaron á Revolución de setembro de 1868. Nas cortes constituíntes de 1869 dirixiu, con Pi i Margall e Figueras, a campaña para a implantación da República. Presentou na asemblea constituínte o problema da rabassa morta en Catalunya e a cuestión foral galega. Coa Primeira República (1873), Castelar ocupou a carteira de Estado e a presidencia do poder executivo. Dende o seu posto, clausurou as cortes, interrompeu a discusión do proxecto de constitución federal, suspendeu as garantías constitucionais e exerceu poderes absolutos. Estas xestións foron censuradas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (10.597 h [2001]). A gandaría bovina e ovina, ten un claro predominio sobre a agricultura. Destaca a industria metalúrxica, téxtil e papeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Ripoll. Fundado cara a 879 polo conde Wifredo I de Barcelona, a igrexa foi erixida polo conde Oliba no s XI. Foi un dos centros culturais máis destacados de Europa. A igrexa tiña cinco naves con acceso ás capelas laterais a través de machóns con arcadas de medio punto e cabeceira con sete ábsidas. A portada do mosteiro, de mediados do s XII, organízase arredor dunha porta central con arcos concéntricos sobre columnas flanqueadas por relevos escultóricos con escenas do Antigo e do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Barcelona (30.235 h [2001]). Posúe unha industria moi diversificada, onde destacan os sectores de transformacións metálicas, construción e materiais para construción, téxtil, confección e calzado, química, e papel e cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Despois dunha viaxe por diversos países do Mediterráneo, e influída por Costa i Llobera, comezou a escribir unha poesía marcada pola relixiosidade, que reflectiu en Poesies (1910), Espigues en flor (1926), El retorn (1934), Llepolies i joguines (1946) e Lluneta del pagès (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO