Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway e 45 km ao L de Londres (52.505 h [1981]). Constitúe a conurbación de Medway towns coas cidades de Chatham e Gillingham. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, que se comezou cara a 604, e se reestruturou en 1077.
Cidade do estado de New York, EE UU (219.773 h [2000]). Situada á beira do río Genesee, é porto de entrada ao lago Ontario e está conectada co lago Erie. É un moderno centro industrial especializado na produción de material óptico, fotográfico e de instrumentos médicos de precisión. Constitúe un centro comercial distribuidor das granxas agropecuarias dos arredores.