"Román" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 201.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro suízo. Constructor de funiculares e ferrocarrís de montaña, foi o inventor dun sistema de cremalleira que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Accademia Pomponiana Institución fundada ao redor do ano 1460 en Roma polo humanista Pomponio Leto, polo que tamén se coñece co nome de Accademia Pomponiana. Tiña como finalidade o culto ao mundo clásico, polo que nas reunións se discutía sobre filosofía, arte, filoloxía e arqueoloxía. Os membros latinizaron os seus nomes e dataron os seus escritos ab urbe condita. O seu ton paganizante provocou que os seus membros fosen acusados, no ano 1468, de conxura contra o papa e de pretender a liberación de Roma da suxeición da clerecía. Así, por orde de Pablo II foron apresados Pomponio Leto e Bartolomeo Sacchi o Platina, ademais, forzou a disolución da academia; renovada baixo Sixto IV, as xuntanzas continuaron ata 1527.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación mediante a observación do estado do aire ou polos fenómenos aéreos.
-
-
Relativo ou pertencente á aeromancia.
-
Persoa que profesa a aeromancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece tamén a Campagna Romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ninfomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘falar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de arromanzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traducir á lingua romance o que está escrito noutra lingua, xeralmente do latín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ALiR.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo alemán que designa a novela de autoformación humana, tamén chamada novela de aprendizaxe ou novela de educación. Trátase dun tipo de relato onde se narra a historia dun personaxe ao longo da súa formación intelectual, moral ou sentimental no tránsito da xuventude inocente á madurez do estado adulto. Nese período modela o seu carácter, a concepción do mundo e o seu destino en contacto coa vida, que lle serve de escola de aprendizaxe a través das máis diversas experiencias, desenvoltas polo motivo da busca e da superación de dificultades e riscos que poñen a proba a súa personalidade e as súas virtudes. O bildungsroman pon énfase na capacidade formativa dos acontecementos novelescos e, neste sentido, a intriga non ten valor por si mesma senón en canto é canle de desenvolvemento persoal. Adoita rematar de xeito abrupto, negativo ou inharmónico, poñendo de manifesto a tensión entre a tendencia á universalidade do heroe e a imposibilidade de acadala nunha sociedade...
-
ENTRADA LARGA
Parte oriental do Imperio romano que sobreviviu á caída do Imperio de Occidente. Recibiu este nome en lembranza do antigo nome da capital, Bizancio. Foi chamado tamén Romania polos pobos cristiáns e Imperio dos Romanos polos gregos. A súa orixe está na cidade de Bizancio no 330 en Constantinopla. Constituíuse na parte oriental do Imperio Romano no 395 trala división do Imperio de Teodosio, que se converteu e mantívose trala caída do Imperio occidental cando no 476 Odoacro, Emperador de Occidente, enviou as insignias imperiais a Zenón, asumindo este a dignidade imperial romana. No 1453 Constantinopla foi conquistada polos turcos pero mantívose o Imperio de Trebisonda ata 1461. O Imperio estendíase polos actuais países que forman a Península Balcánica, Turquía occidental, Siria, Xordania, Israel, Líbano, Chipre, norte de Exipto e zona oriental de Libia. A capital do Imperio estaba situada no eixe de diversas vías comerciais: das vías marítimas procedentes do Ponto Euxino, dos Dardanelos,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poeta polaco. Destacou como membro activo da resistencia nacional contra os nazis. As súas novelas tratan estes problemas; entre elas destacan Slad (A pegada, 1946) e Ile jest zycia (Canta vida queda, 1971). A súa obra máis importante é Kolumbowie-rocznik 20 (Os colonos do ano 20, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director artístico. Traballou nos obradoiros da súa familia antes e despois da Guerra Civil española. Malia os problemas iniciais, engorde se introduciu en distintas producións co apoio das empresas Cinesol, Jesús Saiz e Argos. Despois da súa etapa no cine, a partir de 1972 desenvolveu o seu labor profesional en TVE. Entre as decoracións máis destacadas pódense sinalar os filmes: Calabuch (1956), Bajo el cielo andaluz (1959), España insólita (1964), Las últimas horas (1965) e El Amor Brujo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do Lazio, Italia, formada pola chaira que rodea Roma, entre os montes Sabatini, Sabini e Albani e o Mar Tirreno, bañada polo baixo Tíber (2.000 km2). Trátase dunha área pantanosa, drenada e habilitada para a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1881-1914) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen. Coa axuda de Napoleón III e coa oposición de Rusia, Turquía e Austria, foi elixido príncipe en 1866. Aproveitou a guerra ruso-turca de 1877 para independizarse de Turquía e proclamarse rei. Durante a Primeira Guerra Mundial mantívose neutral a pesar da actitude favorable aos aliados do consello da coroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñar por medio de espellos.