"Rouen" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Mártir. Morreu decapitado xunto con dous diáconos. Iconograficamente represéntase decapitado e coa súa cabeza nas mans. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Sena Marítimo, Alta Normandía, Francia (106.592 h [1999]). Situada á beira do Sena, a súa cidade vella está situada na parte cóncava dun dos seus meandros, rodeada por un anfiteatro de outeiros. É un dos principais portos franceses e, xunto co anteporto de Le Havre, serve especialmente a conca de París. É un centro industrial en expansión, e ademais da tradicional industria de algodón ten fábricas papeleiras, químicas, de equipamentos mecánicos, automobilísticas e de construción aeronáutica. Cidade celta, no s I a C caeu baixo o dominio de Roma. Tomada varias veces polos piratas normandos (s IX), na Baixa Idade Media converteuse nun dos centros marítimos máis importantes de Europa. Foi asediada durante a Guerra dos Cen Anos. Decantouse pola Reforma, pero posteriormente adheriuse á Liga Católica e foi asistida por Enrique IV de Francia (1591-1592). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, a igrexa de Saint-Ouen (ss XIV-XV) e o Palais de Bourgtheroulde (s...

    VER O DETALLE DO TERMO