"Salamina" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Bispo de Salamina e doutor da Igrexa. Fundou un mosteiro en Eleuterópolis, que dirixiu durante trinta anos, e no 367 foi elixido para a sé metropolitana de Salamina polos bispos da illa de Chipre. Combateu cos seus escritos a doutrina herética do antropomorfismo defendida por Oríxenes, que se estendera por Exipto e Xudea. Entre as súas obras salientan Ancoratus e Panarion, con citas e escritos perdidos doutros autores. Na iconografía leva vestiduras pontificais, coma os bispos orientais, ou roupas ascéticas, como os ermitáns; como atributo persoal, leva os pés descalzos ou un cadáver ao seu lado. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa grega do Mar Exeo, situada no golfo Sarónico, no nomós de Ática (93 km2; 20.437 h [1981]). Independente na época homérica, foi posesión de Megara, e de Atenas no s VI a C. No seu territorio tivo lugar a Batalla de Salamina que, a finais de setembro de 480 a C, enfrontou a gregos e persas, que, aínda que superiores en número de efectivos humanos e de material bélico, foron arrasados polos gregos grazas á súa rapidez e á habilidade de manobra das naves no interior do estreito. Consérvase unha necrópole micénica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Chipre, fundada polos gregos na costa oriental da illa. Colonizada cara ao segundo milenio a C, acadou o máximo esplendor baixo o reinado de Evágoras I (410-374 a C). Rica colonia xudía, foi o centro dunha revolta (116-117) na que os gregos foron practicamente exterminados e a cidade destruída. Reconstruída por Constancio II, foi novamente derruída polos árabes (648).