"Salmerón" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo cuarteado: 1, de goles, con tres castelos, ben ordenados; 2 e 3, tres ordes de veiros de prata e azul; 4, de prata, con dous lobos de sable, pasantes, colocados en pau; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro trae, escudo cuarteado: 1, de goles, con tres castelos de ouro, aclarados de azul; 2 e 3, de ouro, con dous lobos de sable, pasantes, colocados en pau; 4, vinte cunchas de vieira de azul, colocadas en cinco faixas de catro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, irmán de Nicolás Salmerón Alonso. Militante do Partido Progresista, participou na Revolución de 1848 e na de 1854. Deputado en 1854 e en 1869, sostivo a candidatura de Espartero como rexente e despois apoiou a Amadeo I de España para ocupar o trono. Durante a Primeira República Española foi ministro de Ultramar (1873) e presidiu o Congreso (1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Dirixente do Partido Democrático, foi ministro de Graza e Xustiza no goberno republicano de E. Figueras i de Moragas (1873). Presidente do Consello de Ministros (1873), formou un goberno conservador que provocou a extensión da Insurrección Cantonalista. Negouse a firmar algunhas penas de morte e dimitiu (1873). Ao producirse a Restauración, exiliouse a París, onde colaborou na fundación do Partido Republicano Progresista de M. Ruiz Zorrilla. Volveu a Madrid (1884) e fundou o Partido Republicano Centrista (1887), de tendencias antifederais. Tentou o reagrupamento do republicanismo español con alianzas electorais como a Unión Republicana de 1903, que presidiu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Compañeiro de Santo Ignacio de Loyola na Sorbonne, foi un dos integrantes do grupo co que se formou a Compañía de Xesús. Ensinou Sagrada Escritura en Roma (1538), doutorouse en Teoloxía en Boloña (1549) e foi profesor nos colexios dos xesuítas de Ingolstadt (1549-1550) e Nápoles (1558-1575) onde, como provincial (1558-1575), estendeu a nova orde naquel reino. Os seus comentarios teolóxico-patrísticos do Novo Testamento foron publicados en once volumes en Madrid (1598-1601) e en sete en Colonia (1602 -1604).
VER O DETALLE DO TERMO