"Salus" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • GALICIA

    Histólogo. Foi catedrático de Organografía e Fisioloxía animal na Universidade Complutense de Madrid (1932-1967). Realizou numerosos traballos no eido da histoloxía vexetal, entre o que cómpre salientar: “Sobre el estudo del condriosoma en las células vegetales por el método tanto-argéntico”, animal “Contribución al conocimiento histológico de las medusas” e entomolóxica “El epitelio estomacal de los blátidos”. Os seus manuais de bioloxía tanto para bacharelato como para ensino superior foron moi divulgados e empregados nos anos do franquismo. Foi director do Instituto José Acosta do CSIC, subdirector do Museo Nacional de Ciencias Naturales e membro da Real Sociedad Española de Ciencias Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deputado nas Cortes Constituíntes do 1869 e Gobernador Civil de Lugo. Polo seu discurso Necesidad de escribir la Historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir foi premiado co Caravel de Prata nos primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña no 1861, traballo publicado no Álbum de la Caridad. Durante os anos 1859, 1860 e 1861 colaborou no Boletín Judicial de Galicia, e en 1872 firmou en Viveiro o manifesto Electores del distrito de Vivero. Morreu en Valladolid, onde ocupaba o cargo de fiscal da Audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo Carballo Calero participou no Liceo de la Juventud, sociedade creada en Compostela en 1847, xunto a Aurelio Aguirre, Pondal, Rosalía, Murguía, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como director e administrador do periódico Montevideo Noticioso, e colaborou en El Correo Español, La Aurora de Buenos Aires e La Unión Gallega. Foi presidente do Centro Galego e da Sociedad Española de Socorros Mutuos, e fundou a agrupación Circo d’as Monteiras (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi deputado nas Cortes do Estatuto Real, e presidente do goberno (novembro de 1843). Intentou formar un goberno progresista, e para conseguilo recorreu á disolución das Cortes. Esta decisión provocou unha reacción fortísima na corte e foi destituído e exiliado. Participou en todas as conspiracións que conduciron á Revolución de Setembro de 1868. Foi embaixador en Francia (1840, 1854 e 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e Dereito Canónico, foi presbítero (1901), cóengo tesoureiro (1918), deán (1930) e presidente do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén catedrático no Seminario Conciliar (1901-1902; 1929-1940). O Papa Paulo VI nomeouno prelado doméstico da Súa Santidade. Escribiu Catecismo Social (1910), Don Diego de Muros, deán de Santiago, obispo de Mondoñedo y de Oviedo y de su colegio de Salamanca (1944), Anotaciones al tumbo A de la Catedral de Santiago (1949), Orígenes del culto al Apóstol Santiago en España (1953), Galicia en los tiempos de los Fonseca (1957), Origen del topónimo Compostela (1958), La Guerra de la independencia en Galicia (1964) e O Cañón de pau (1976). Foi membro correspondente da Real Academia Española, académico de número da Real Academia Galega (1941) e membro do Seminario de Estudos Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa romana da saúde e da conservación. En época clásica asimilouse coa deusa grega Hixía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Coñecido como Seigneur de Bartas, foi un hugonote ao servizo de Enrique de Navarra. Escribiu La semaine (1578) e Seconde semaine (1585), poemas sobre a creación da humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Sallustianus, patronímico de Sallustius, do latín sallustius ou salustius ‘saudable’, probablemente derivado de salus ‘saúde’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político romano. De familia acomodada, pero non nobre, estudou en Roma. César, amigo e protector seu, outorgoulle o cargo de cónsul en África (46 a C), pero cando este morreu, deixou a política activa e dedicouse ás letras. Coa súa fortuna construíu no Quirinal unha casa chea de obras de arte e rodeada de xardíns (Horti Sallustiani). Escribiu dúas monografías, Bellum Catilinae (A conxuración de Catilina) e Bellum Iugurthinum (A guerra de Xugurta), ambas as dúas de estilo sobrio e elegante, que se converteron en modelos dos historiadores futuros. Foi autor tamén de Historiae.

    VER O DETALLE DO TERMO