"Samosata" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Dolique, Siria 379?) Bispo de Samosata. Adversario dos arianos, aos que apoiaba o Emperador Valente, foi desterrado por este a Tracia (374). Á morte do emperador retomou o seu cargo (378), ata o seu asasinato por un ariano. A súa festa celébrase o 21 de xuño.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. A súa obra é moi variada, comprende diálogos (Diálogos das meretrices, Diálogos dos deuses, Diálogos mariños e Diálogos dos mortos), panfletos (O pescador, Temón, O galo), narracións fantásticas (Historias verdadeiras) e obras en verso (Tragodopodagra e Epigramas). Manifesta diversas tendencias, unha retórica e sofista, de carácter lixeiro, outra filosófico-moral, de actitude cínica e escéptica, e outra satírica, na que ataca feitos e personaxes da época. Usou unha lingua elegante, e foi considerado un cínico que só quería facer rir o público burlándose de todo. Influíu na literatura medieval, como en Liutprando, na bizantina, en Erasmo, Rabelais, Maquiavelo e Cyrano de Bergerac, na picaresca castelá, en Swift e en Voltaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi bispo de Antioquía (260) e tivo un papel na evolución do dogma trinitario, xa que defendeu a teoría de que o Pai é o único que existe da Trindade. Foi acusado de monárquico dinamístico e de adopcionista, polo que foi deposto por Aureliano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade siria situada na ribeira dereita do curso superior do Éufrates (actualmente Samsat, a uns 50 km ao NO de Urfa). Nó importante de comunicación nos períodos hitita e asirio, na época helenístico-romana foi o centro político da rexión.