"Sampedro" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Pintor e poeta experimental. Realizou estudios de Belas Artes en Newark (Nova Jersey) e Madrid. Participou en diferentes exposicións, tanto de carácter individual como colectivo; así mesmo, a súa obra forma parte de numerosas coleccións privadas de América e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido dun trazo cortado de dous, o que dá seis cuarteis; 1 e 4, de ouro, cunha árbore de sinople, sinistrada dun león de prata empinado ao tronco; 2, de azul, cun castelo de prata; 3, de ouro, cunha aguia de sable; 5, de azul, con cinco barras de ouro; e 6, de azul, con dúas bandas de prata, acompañadas de seis flores de lis, dúas no alto, tres entre as bandas e unha no baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo e historiador. Realizou estudos eclesiásticos en Tui, Ourense e Santiago de Compostela, onde tamén estudou dereito. Iniciouse na música tocando o órgano na igrexa parroquial de San Lourenzo de Trasouto (Santiago de Compostela). Impulsou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra (1898), onde participou activamente con numerosas investigacións históricas e arqueolóxicas sobre o patrimonio pontevedrés, das que destacan Pontevedra antigua (1915-1916) e Vías romanas de Pontevedra (1920). En 1884 colaborou na creación da Sociedad de Folklore Gallego, grazas á que iniciou o seu traballo de campo para a realización do Cancionero Musical de Galicia. Para esta obra contou coa axuda doutros folcloristas como Tafall, Arana, Said Armesto, Valladares, Martínez Posse, U. Montes ou F. Santalices. En 1909 presentou a súa colección, que foi premiada pola Real Academia de San Fernando como a mellor recompilación de música popular das máis de doce presentadas. Contén muiñeiras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e escritor. Foi catedrático de Estrutura Económica na Universidad Complutense de Madrid (1955-1969), subdirector (1962-1969) e asesor (1979-1981) do Banco Exterior de España e senador por designación real (1977-1979). Investigou sobre política industrial e a dinámica interna da economía. Das súas obras económicas destacan Realidad económica y análisis estrutural (1959), Las fuerzas de nuestro tiempo (1967) e Inflación: una versión completa (1976). As súas obras literarias máis destacadas son Congreso en Estocolmo (1952), El río que nos lleva (1962), El caballo desnudo (1976), Octubre, Octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real sitio (1993), Mientras la tierra gira (1993), El amante lesbiano (2000) e Los mongoles en Bagdad (2003). En 1990 ingresou na Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Coñecido como o cura do Cebreiro, licenciouse en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas (1959) e doutorouse en 1965 na Universidad Pontificia de Salamanca. Párroco do Cebreiro desde 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, que culminou en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Estudoso do Camiño de Santiago, sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, no tramo galego, recuperou algúns tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago. Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983) e escribiu El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico (1971, Premio Antonio de Nebrija 1967), Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC) e El Camino de Santiago. Guía del peregrino (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO