"San Cosme" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada en Maianca (Oleiros). Edificada antes do s X, reconstruíuse posteriormente con elementos de construcións próximas. No exterior conserva un nártex porticado e un campanario de planta cadrada.
-
IGREXAS
Igrexa románica situada no concello de Irixoa. Apareceu citada no s XII co nome de Armentarias. Ten unha soa nave, con ábsida de planta rectangular. Destaca a entrada principal, con tímpano decorado e tendencias oxivais na forma, características que tamén presenta o arco triunfal do interior.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Construída no s XVIII en estilo barroco, consta de planta rectangular cunha soa nave. O arco triunfal é de medio punto. A cuberta realizouse a varias augas, con cuberta de tella curva. A espadana, dobre, remata en pináculos con bóla.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Becerreá. Construíuse entre os ss XII e XIII, en estilo románico tardío. Ten planta rectangular con muros de cachotaría miúda e no seu interior destaca o retablo maior barroco e o retablo lateral de liñas neoclásicas e decoración rococó (1970). A ábsida ten un tramo recto e cóbrese con bóveda de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Cosme de Piñeiro (A Pastoriza). O seu cumio acada os 635 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de San Cosme de Barreiro, capital do concello de Barreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración popular anual que se celebra en Galgao (Abadín) que ten lugar o 27 de setembro.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de San Cosme, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción megalítica situada no alto de San Colmado en Cela (Mos), que tamén se denomina anta do Meixoeiro, anta das Minas ou dolmen de Cela. Trátase dunha anta de corredor da que se conservan cinco esteos, só falta o que a pecharía, e unha tampa de grandes dimensións.
-
PRAIAS
Praia do litoral cantábrico, situada entre as de Benquerencia e O Altar, na parroquia de San Cosme de Barreiros (Barreiros).
VER O DETALLE DO TERMO -