"Sancti Spiritus" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (6.744 km2; 457.921 h [estim 1998]). A súa capital é Sancti Spíritus (102.262 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.