"Sansón" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo masculino que provén do hebreo, diminutivo de shamash ‘sol’, polo tanto ‘pequeno sol’ ou ben ‘fillo do sol’. Chegou ao galego a través do grego Samsón e do latín Samson ou Sampson. A Biblia di realmente Simsôn, pero como o texto orixinal non escribía as vogais, a restauración da vogal por i considérase errada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último dos sete xuíces de Israel, foi o heroe nacional da loita contra os filisteos. Consagrado nazareno, despois de confiar a Dalila o segredo da súa forza, que residía nos seus cabelos longos, foi rapado e entregado por esta aos filisteos, que o cegaron e o encarceraron. Durante unha festa derribou o templo de Dagon, onde perdeu a vida xunto coa de milleiros dos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Escribiu Galliae antiquae descriptio geographica (1627). O seu irmán, Guillaume Sanson, escribiu Introdution à la géographie (1681).

    VER O DETALLE DO TERMO