"Santa Bàrbara" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Nome que tiña inicialmente a Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manufactura real creada en 1746 e que se instalou na porta de Santa Bárbara en Madrid. Nos ss XVI e XVII acudíase aos talleres flamengos. Co establecemento da real fábrica por Filipe V comezou a realización de cartóns en que traballaron os mellores pintores da corte, como A. R. Mengs, os irmáns Bayeu ou F. de Goya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (3.398 h [2001]). Ten cultivos de regadío. Destaca a fabricación de botóns e tamén ten fábricas de mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (5.115 km2; 291.000 h [estim 1991]). A súa capital é Santa Bárbara (10.503 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fábrica de armas creada na Coruña en 1937 no transcurso da Guerra Civil Española. Instalouse provisionalmente no edificio de Correos ata que se trasladou a tres talleres situados nas escolas Da Guarda, no colexio Curros Enríquez e noutro situado preto da torre de Hércules. Especializouse na produción do mosquetón máuser e doutras armas, así como das máquinas que as facían. Despois da Guerra Civil Española abriu un cuarto taller. Viviu unha época de esplendor ata a década de 1960 coa fabricación do subfusil automático metrallador, coñecido como naranjero. En 1958 inauguráronse as novas instalacións en Pedralonga (Elviña) e, coa entrada en vigor do Plan de Estabilización (1959), integrouse na Empresa Nacional Santa Bárbara, dependente do INI, que posteriormente tomou o nome de Santa Bárbara Sistemas. A crise de 1966 solucionouse cunha regulación de emprego e cunha diversificación da produción e así, ademais de fabricar para o exército (fusil de asalto Cetme), abriuse a mercados non...

    VER O DETALLE DO TERMO