"Santa Fe" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao O da capital provincial e regado polo Genil (12.824 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Fundárono os Reis Católicos en 1491, en recordo do sitio de Granada levado a cabo polo exército de Castela e Aragón. Tamén foi escenario das capitulacións da primeira viaxe de Cristovo Colón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Novo México, EE UU (62.203 h [2000]), situada ao O de Las Vegas, nunha rexión agrícola e mineira de prata, carbón e cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Santa Fe, Arxentina, situada na rexión Litoral (489.505 h [2001]). Está situada na beira dereita do río Salado, preto da súa unión co Paraná. É un porto fluvial con industrias de coiro, téxtiles e fariñeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Litoral (133.007 km2; 3.000.701 h [2001]). A súa capital é Santa Fe. É unha importante zona gandeira con industrias do papel, químicas e cárnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta aragonés. Ligado á corte de Afonso IV o Magnánimo, ademais dunha longa serie de poemas amorosos, fixo numerosas composicións sobre a estancia do rei en Italia, que constitúen un interesante diario poético da expedición.

    VER O DETALLE DO TERMO