"Santa María de Melide" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada xunto á igrexa de Santa María de Melide, no concello homónimo. Ten planta rectangular e patio con escaleiras e patín. Na beira esquerda da escaleira consérvase un escudo.