"Sapor I" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Rei sasánida de Persia (241-272), fillo de Ardašīr, fundador da dinastía sasánida. Loitou en diversas ocasións contra Roma e capturou o Emperador Valeriano (260), a quen tivo prisioneiro ata a súa morte. Atribúeselle a fundación de Gondēšāpūr, cidade famosa polo cultivo da ciencia médica e a filosofía helenístico-oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei sasánida de Persia (310-379), fillo de Ormazd II. Defendeu o mazdeísmo e loitou contra os romanos durante 26 anos. Asinou un tratado de paz co Emperador Xoviano (363) e obtivo Nísibis e os territorios romanos do Tigris.
VER O DETALLE DO TERMO