"Sarre" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar os arreos aos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurar a mobilidade perdida no corpo ou nalgún dos seus membros, xeralmente por mor do frío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soltar algo que se ten collido no colo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarrendar.
-
-
Deixar algo que se ten arrendado.
-
Facer que un arrendatario desocupe unha propiedade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza arqueolóxica relacionada co arnés pola que se fai pasar as rendas dunha cabalaría. En Galicia consérvanse exemplares en bronce da época galaico-romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome francés do río Saar e do territorio alemán de Saarland.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Salvador que dá nome ao concello de Sarreaus, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Limia, situado no centro-S da provincia de Ourense e no S da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 05’ de latitude N e 7° 31’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Vilar de Barrio (comarca da Limia), ao L cos de Laza e Cualedro (comarca de Verín), ao S co de Trasmiras (comarca da Lima), e ao O co de Xinzo de Limia (comarca da Limia) e co de Xunqueira de Ambía (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 77,3 km 2 en que acolle unha poboación de 1.680 h (2007), distribuída entre as parroquias de Bresmaus, Codosedo, Cortegada, Freixo, Lodoselo, Nocelo da Pena, Paradiña, Perrelos e Sarreaus. A capital está no lugar de Sarreaus, na parroquia homónima, localizada a 58 km de Ourense e a 163 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O espazo do concello pódese dividir en dous sectores claramente diferenciados....