"Saskatchewan" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • RIOS

    Río de Canadá, principal tributario do lago de Winnipeg, está formado polo North Saskatchewan e o South Saskatchewan, orixinados os dous nas Montañas Rochosas. Das fontes do segundo ao lago de Winnipeg hai un traxecto de 1.928 km. Considérase como o curso superior do Nelson, emisario do Winnipeg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do O de Canadá, que limita ao L coa provincia de Manitoba, ao O coa de Alberta, ao N co Territorio do Noroeste e ao S con EE UU (652.330 km2; 978.933 h [2001]). A súa capital é Regina. A parte setentrional, integrada no escudo canadense, é unha rexión de bosque de coníferas, con abundancia de ríos e lagos. Os recursos principais son os minerais, a madeira e as peles. A zona meridional, área de pradaría, forma parte do grande altiplano de rochas cretáceas. Os solos son ricos e fértiles, aproveitados para o cultivo de trigo, centeo, colza, cebada, liño, forraxe e xirasol. Ten petróleo, gas natural, carbón, potasio e uranio. A industria desenvólvese nos principais centros urbanos.

    VER O DETALLE DO TERMO