"Segovia" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Pintor. Cursou estudios de belas artes na Escuela de Bellas Artes Artal. Nas súas obras, realizadas ao óleo, amosou os estilos realista e surrealista fantástico. Realizou exposicións en Vigo e Santiago de Compostela e, entre outras mostras colectivas, participou en Novos Valores de Pontevedra (1989) e na Feria das Artes Plásticas de Vigo (1995-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Escribiu Decir sobre el amor, influído por Dante, e composicións de carácter moral e satírico. Tamén é autor de La gaya de Segovia o Silva copiosísima de consonantes para alivio de trovadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (3.123 km2; 148.492 h [1995]). A súa capital é Ocotal (25.264 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao NL da capital provincial (1.766 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da provincia de Segovia, Castela e León (54.368 h [2001]). Situada na bacía setentrional da serra de Guadarrama, tivo unha orixe militar pola súa localización defensiva na beira do Eresma. A súa economía baséase nas industrias metalúrxicas e químicas e no turismo. Desde o s XII foi un destacado centro lanar e de panos, vinculado á mesta, e en 1475 foi escenario da Concordia de Segovia. Participou no levantamento das Comunidades de Castela e no s XVII entrou en decadencia, situación que tentou superar ao crear a Real Compañía Segoviana de Manufacturas de Lana (1763). Do seu patrimonio cultural destaca a cidade antiga que, xunto co acueduto romano -que ata 1950 distribuíu a auga do municipio-, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a Casa de la Moneda (BIC, 2000), a igrexa parroquial de San Juan Bautista (2000), a igrexa da Vera Cruz (BIC, 1919), o Alcázar (BIC, 1931), a igrexa románica de San Juan de los Caballeros (BIC, 1931) -sede do Museo de los Caballeros-...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela e León, formada por 234 municipios (7.000 km2; 147.694 h [2001]). A súa capital é Segovia. O hábitat é concentrado e está centrado en pequenos núcleos. Ademais da capital destacan os núcleos de Cuéllar (9.230 h [2001]), El Espinar (6.353 [2001]) e San Ildefonso (5.093 h [2001]). Ten cultivos de cereais, gandaría e explotación forestal. A actividade industrial redúcese ás industrias de fariña, resina, mobles e plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista, marqués de Salobreña. Débeselle, en boa parte, o renacemento da guitarra. Debutou en Madrid en 1913, e posteriormente en París e Londres en 1924, e en EE UU en 1928. Realizou as súas primeiras gravacións en 1927. Numerosos compositores escribiron pezas e concertos para el, como Manuel de Falla, Ponce ou Turina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentenza arbitral ditada en Segovia o 15 de xaneiro de 1475 que fixaba as responsabilidades respectivas de Isabel I (proclamada raíña de Castela o decembro anterior) e de Fernando, o seu marido -entón xa rei de Sicilia-, en canto á Coroa de Castela. A raíña reservábase a absoluta competencia en canto á distribución dos favores, cargos e rendas. Respecto á intitulación de documentos e á administración da xustiza, Fernando conseguiu ser nomeado en primeiro lugar e ter tribunal propio se se separaba da súa muller. A concordia tivo unha vixencia de tres meses, pois o 28 de abril de 1475, Isabel conferiulle ao seu marido plenos poderes para gobernar, rexer e dispoñer de Castela con completa autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Segovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Segovia.

    VER O DETALLE DO TERMO