"Selim I" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1512-1520), fillo e sucesor de Baiaceto II. Partidario da sunna, perseguiu os xiítas. Anexou Kurdistán, Siria (1516), Mesopotamia e Exipto (1517).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1566-1574), fillo e sucesor de Solimán I. Mantivo os privilexios comerciais con Francia e os venecianos, pero, ante o intento de anexar Chipre, foi derrotado na Batalla de Lepanto (1571) polos Estados Pontificios, Venecia e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1789-1807), sobriño e sucesor de Ab-dül-ha-mit I. Continuou a guerra contra Rusia e Austria, con quen tivo que pactar (Sistovo, 1791; Iaşi, 1792). Malia que tentou mellorar as condicións de vida do país, sublevouse Serbia, os wahhabitas tomaron a Meca e unha revolta dos xanízaros destronouno.

    VER O DETALLE DO TERMO