"Sendón" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
GALICIA
Escritor, político e pintor. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con R. Dieste, Manuel Antonio, Xosé Otero Espasandín e outros. En 1928 trasladouse a Madrid, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Pertenceu a Izquierda Comunista de España (ICE) e converteuse, co pseudónimo de L. Fersen, no principal teórico do seu voceiro, Comunismo. Colaborou na fundación da revista PAN (1935), onde facía referencias ás artes plásticas, á pedagoxía e á política. Tralo estalido da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín. Colaborou en revistas e periódicos, entre outros, Nueva España, El Soviet, Leviatán e Renovación, encargándose da economía e de política internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre a de Cabos Gordos e a praia de Arca Basta, na parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1997), centrouse na investigación da fotografía histórica. Fixo a súa primeira exposición en 1983 e dirixiu, xunto con Xosé Luís Suárez Canal, a programación da Sala dos Peiraos (1985-1991) e a da Fotobienal de Vigo desde 1984. Dirixiu tamén as coleccións de libros Álbum, de fotografía histórica galega, e Do Trinque, de fotografía contemporánea, ambas do Centro de Estudios Fotográficos. Publicou Ourense de Auga e Pedra (1990), Paisaxes (1991), Tempos que hai neste tempo (1995) e Cuspindo a barlovento (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Anarcosindicalista. Na década de 1920 viviu en Bos Aires e Nova York e estivo sempre vinculado ao periódico Cultura Proletaria e aos centros sociais organizados polos emigrantes A finais de 1932 regresou a Galicia e dirixiu Solidaridad Obrera (1933) da CRG. Incorporouse á redacción do xornal CNT e volveu á Coruña logo da Revolución de Asturias (1934). A comezos de 1935 foi mestre dos fillos dos mineiros das minas de San Fins (Lousame) e, xunto con Enrique Fernández, organizou a Federación Comarcal de Noia. A Guerra Civil sorprendeuno en Huelva, onde estaba a orientar o Sindicato de Industria Pesquera. Trasladouse a València e foi delegado regional da CNT no Comité Nacional, ocupando un cargo na sección propaganda. Escribiu “Amor que se afirma” (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Formado con Albert Boadella, Roberto Cordovani, Manuel Lourenzo e Roberto Salgueiro, dirixe a Escola Municipal de Teatro e a Mostra de Teatro de Cee. Participou como actor en montaxes de diversas compañías, como Talía Teatro, Aula de Teatro da Universidade de Santiago (1990-1996) e o Centro Dramático Galego. Dirixiu os espéctaculos Auto, en Berrobambán; Flores de papel, en Traslús Teatro; e Supermáis, Soños dun sedutor, O crime de aldea vella, TWC, Dakota, Pedro e o capitán, Aquí non paga ninguén e O rei aborrecido, en Talía Teatro. Ademais escribiu e estreou as pezas Menos lobos e Eu así non xogo, representadas por Talía Teatro. Recibiu o Premio María Casares 2004 ao mellor actor por Bicos con lingua.
VER O DETALLE DO TERMO